¿Qué é un SEO? ¿Recoméndame Google que traballe con compañias que ofrecen axustar o meu sitio ós requisitos de Google?
http://www.google.com/support/webmasters/bin/answer.py?answer=35291&ctx=sibling
Resumo:
SEO é unha abreviatura de "Search Engine Optimization" (Optimizacion para Motores de Busca). Moitos SEO proporcionan servizos útiles aos propietarios dos sitios web, dende redactar textos a aconsellar sobre a estruturación do sitio, e a atopar directorios e portais axeitados nos que se poida solicitar a alta do sitio. Non obstante, algúns SEO faltos de ética deron á industria mala fama, pola súa actividade agresiva e inadecuada para manipular os resultados dos Motores de Busca como Google.
Con respecto a este tema isto é o que di Google: Aínda que Google non ten relación con ningún SEO e non ofrece recomendacións, podemos dar algunhas pistas que o axuden adistinguir entre unSEO que mellorase o seu sitio web e un que solo aumentase o risco de que o seu sitio sexa expulsado do índice do Motores de Busca:
-Desconfía do SEO que lle envíe correos con ofertas para mellorar o posicionamento do seu sitio web sen que vostede o solicitara. Tráteo co mesmo escepticismo que outros correos "spam" que ofrecen medicinas, axudas de custo de adelgazamento, diñeiro doado, etc
-Ninguén lle pode garantir a primeira posición na clasificación de Google. Desconfía do SEO que garante unha posición na clasificación do buscador, alegando unha "relación especial" con Google, ou un "servizo de altas prioritario", que realmente non existe.
A única forma de solicitar a alta dun sitio en Google é a través de a paxína Add URL (http://www.google.com/addurl/?continue=/addurl), cousa que podes facer o teu mesmo de forma gratuíta.
-Desconfía se o SEO non che explica claramente qué técnicas vai utilizar para optimizar o seu sitio web. Se utiliza mecanismos considerados deshonestos polos Motores de Busca, o teu sitio web pode ser expulsado dos índices dos Motores de Busca.
-Non debería ser necesario poñer no seu sitio web un enlace ao sitio web do SEO. Normalmente é unha tarefa inútil que non beneficiase o posicionamento do seu sitio, e podería mesmo prexudicalo, se o SEO "fose castigado" por usar técnicas deshonestas.
-Asegúrate de onde vai o teu diñeiro. Nos Motores de Busca hai seccións de anuncios (de pagamento) que se mesturan cos resultados da busca; Google diferenza, con etiquetas de cor, ambos os dous contidos. É importante aclarar se o diñeiro pagado ao SEO se emprega en publicidade (que ten un efecto temporal, mentres esta se pague) ou en mellorar o posicionamento permanente do seu sitio web nos índices dos Motores de Busca.
En resumo, non te sintas obrigado a contratar un servizo SEO. Algunhas empresas "garanten" enganosamente un bo posicionamento nos resultados de busca de Google. Aínda que algunhas empresas poden, por medios lexítimos, mellorar o contido dun sitio web, outras empregan técnicas fraudulentas para tratar de enganar aos motores de busca Ten coidado: se o teu dominio é asociado cun destes servizos fraudulentos, pode ser expulsado do índice de Google.