castellano

 

¿Cómo se prepara un posto de navegación?


Dito doutra forma ¿que se necesita para navegar por Internet? Referímonos ás instalacións persoais que un pode ter na súa casa pois, por suposto, tamén se pode navegar dende servizos públicos (cibercafes, quioscos en estacións, etc.), oficinas, etc.

1- Dispoñer dun ordenador de capacidade media. Calquera dos que hai no mercado actual de PCs é mais que suficiente.

2- Ter un programa de navegación instalado no ordenador. Practicamente todos os ordenadores novos que se venden hoxe en día traen xa instalado un navegador (p.ej. o Internet Explorer que se inclúe con Windows) e hai outros dispoñibles, para usuarios con preferencias especiais (Mozilla, Opera,…)

3- Dispoñer dun acceso a Internet.Existe unha variedade de accesos (RTC, RDSI, ADSL, Cable,…) de distinto custo e calidade, dende servizos "gratuítos", nos que solo se paga o custo da chamada telefónica, ata servizos de pagamento nos que se garante unha alta velocidade de transferencia de información con Internet.

Ao contratar algúns servizos de acceso a Internet o provedor (ou ISP, de "Internet Service Provider") inclúe servizos complementarios á conexión para navegación, como contas de correo electrónico ou aloxamento para un sitio web persoal.

Estes elementos condicionan a experiencia particular das persoas que navegan dende este posto concreto: se o ordenador non ten capacidade abonda para que o navegador funcione satisfactoriamente, se esta sobrecargado por outros programas (¡ ou por virus!), ou se o acceso a Internet é de baixa capacidade (p.ej. un acceso gratuíto por RTC) a navegación será lenta, ou mesmo imposible, independentemente de que o sitio web ao que se queira acceder este correctamente preparado. Outras persoas que accedan ao mesmo sitio web dende instalacións con outras condicións técnicas terán unha experiencia distinta.

FLOPS Estudio non ofrece ningún servizo relacionado co "posto de navegación". Por suposto, podemos encargarnos de xestionar o aloxamento para un sitio web persoal, que poida estar incluído no contrato de acceso a Internet co seu ISP, para publicar o sitio web que desenvolvamos para vostede.


Deseño web | Páxinas dinámicas | Traballo online | Posicionamento | Mantemento | Edición impresa ________________________________________________
©FLOPS Estudio. Comunicación gráfica
Juan de la Cierva, 9-Manzanares el Real 28410-MADRID | Santiago 3, Pontedeume 15600-A CORUÑA | 607 793 047
comunicacion@flopsestudio.com
flopsestudio.com

¿Como podo facer que Google indexe o contido do meu sitio?

¿Cómo podo mellorar o ranking do meu sitio?

¿Por que a posición de miña páxina nos resultados de busqueda é máis baixa que antes?

¿Que é un SEO? ¿Recoméndame Google que traballe con compañias que ofrecen axustar me sitio ós requisitos de Google?

MÁIS CUESTIÓNS

¿Cómo funciona internet?

¿Qué hai detrás dun navegador?

¿Cómo se prepara un sitio web?

Google es uno de los principales motores de búsqueda en la Red.