¿Cómo se prepara un sitio web?
Antes de que un sitio web poida ser explorado por navegantes dende calquera parte do mundo alguén se ten que ocupar de:
1- Elaborar, recompilar, seleccionar,... a información que se quere presentar. Podemos chamar a isto selección de contidos para o sitio web.
2- Estruturar a información para darlle coherencia, e formatala de acordo aos estándares da WWW para que se represente nos navegadores co aspecto desexado. Isto é o que se coñece como deseño do sitio web.
3- Conseguir espazo nun servidor (o ordenador encargado de "servir" as peticións dos navegadores) para almacenar os contidos do sito web, unha vez que se estruturou e preparou nos formatos axeitados. Isto coñécese como conseguir aloxamento para o sitio web.
4- Cargar no servidor elixido para o aloxamento os contidos estructurados que compoñen o sitio web. Isto coñécese como publicar o sitio web.
5- Reservar un nome que identifique o sitio web (p.ej.www.misitioweb.com) e enlace, no directorio de Internet, co servidor onde esta aloxado. Isto coñécese como rexistrar o nome de dominio para o sitio web.
Como se desenvolvan estas tarefas condiciona a experiencia de todos os visitantes dun sitio web determinado: Calidade e cantidade da información, facilidade de navegación, sensacións estéticas, velocidade na navegación (¡ ollo! na parte concernente ao servidor).
En FLOPS Estudio hacémonos cargo do deseño e publicación do seu sitio web (puntos 2 e 4).
Tamén podemos realizar, si así o desexa, a selección de contidos para o sitio web (punto 1) ou colaborar parcialmente nesta tarefa.
Dende FLOPS Estudio tamén podemos xestionar seu aloxamento e rexistrar seu dominio.