OPTIMIZACIÓN DE SITIOS WEB PARA BUSCADORES
En FLOPS Estudio detectamos unha preocupación crecente (¡ e natural!)
entre os nosos clientes por que os seus sitios web sexan "ben tratados" polos buscadores, e que aparezan nas primeiras posicións cando un navegante busque o servizo que eles lle poden ofrecer. Esta preocupación tradúcese en interese por saber qué criterios seguen os buscadores para recoller a información publicada nun sitio web (o que se coñece como "indexar") e para determinar o seu interese, o que inflúe na posición en que aparecerá este sitio en paxínaa de resultados.
Para contestar a estas preguntas fomos ás fontes. Google, o principal buscador de Internet, publica no seu sitio web bastante información sobre o seu funcionamento interno: como explora Internet en busca de nova información, e como decide qué sitios web ofrecen a información mais importante e polo tanto deben ser mostrados en primeiro lugar.
Para contarvos ésto, pensamos nas preguntas máis frecuentes que se pode facer o propietario dun sitio web, e incluímos para cada unha o enlace á resposta que Google publica; ademais, por comodidade, poñemos a continuación un resumo en castelán desta resposta.
Como tamén incluímos a información moi útil que publica Google sobre os servizos de "Posicionamento en Buscadores" (SEO), aproveitamos para aclarar unha vez mais o papel de FLOPS Estudio neste tema. En FLOPS Estudio estamos especializados no deseño e mantemento de sitios web. No noso traballo temos en conta as directrices publicadas tanto polos principais motores de busca (Google, Yahoo!,..) como por outros organismos (W3C,...) relativas á accesibilidade dos sitios web, para que a información publicada sexa doadamente manexable polas persoas e polos buscadores que rastrexan Internet; e, por suposto, coidando o resultado estético. Pensamos que isto pode ofrecer uns resultados razoables no posicionamento web dos sitios, se se combina cunha actualización frecuente de contidos (que ofrecemos no noso servizo de mantemento) e con referencias dende outros sitios web e portais especializados. Dende FLOPS Estudio non ofrecemos un servizo específico de "Posicionamento en Buscadores", pero estamos abertos a colaborar con quen o proporcione se un cliente noso decidise contratalo.